As algas e os seus usos

Os seus usos

As algas teñen variados usos moitos deles tradicionais dende moi antiguo. Entre eles:

Explotación de Algas en Galicia


A maior parte das algas que se recollen en Galicia, úsanse para a obtención de carraxeninas e a elaboración de produtos alimentarios e terapéuticos.

En Galicia a Lei 11/2008, de 3 de diciembre, de pesca de Galicia (antigamente a Lei 6/1993, 11 maio) regula a recollida de algas, para poder extraelas -xa sexan confrarías ou empresas transformadoras- fai falta solicitar un “Plan de Explotación anual” á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Aprobada a Orde do 23 de decembro de 2008 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2009.

Descargar en PDF: Ley 11/2008, de 3 de diciembre, de pesca de Galicia.

Descargar en PDF:
Orde do 23 de decembro de 2008 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2009.

Ver: Corrección de erros.-Orde do 23 de decembro de 2008 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2009.

Ano 2008

Descargar en PDF:
Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2008.

Ver: Corrección de erros.-Orde do 26 de decembro de 2007 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2008.


CONSULTA os plans de explotación autorizados pola Consellería de Pesca para Galicia para o ano 2009


No ano 2009 autorizáronse 17 plans de explotación (20 no ano 2008, e 16 no ano 2007).

Entre as autorizadas están as confrarías de pescadores:
- Na Provincia de A Coruña: Coruña-Sada (plan conxunto), Camariñas, Corcubión, Espasante, Muros, O Pindo, Riveira, Mar de Lira S.C.Galega, Merguladores de Fisterra S.C.Galega

- Na Provincia de Pontevedra: A Guarda, Aldán - Hío (plan conxunto), Portonovo - Raxó - Bueu - Pontevedra - Marín - Lourizán (plan conxunto), Cangas.

E tamén as seguintes empresas Algamar C.B., Ceamsa, Conservas e Ahumados Lou S.L. e Conservas Porto Muíños.

No 2001, a produción de algas en Galicia foi de 458 toneladas de peso seco. Destas, o 85,5% son carraxenófitos (Chondrus crispus e Mastocarpus stellatus), outras especies produtoras de coloides como o Gelidium sp. representan o 6,3% da produción. Pola contra, a explotación alimentaria foi moito menor, recolléndose 10 especies das que destacan: Undaria pinnatifida, Laminaria spp. e Himanthalia elongata.

Datos xerais da primeira venda no ano 2005 segundo o Anuario de Acuicultura da Xunta de Galicia:


As principais especies recolleitadas para a obtención de carrageninas son algas vermellas coñecidas co nome de “Lique” como Chondrus crispus e Mastocarpus stellatus, en cambio para o seu uso alimentario temos desde algas pardas como Undaria pinnatifida, Himanthalia elongata, Laminaria ochroleuca, L. hyperborea, L. saccharina, Saccorhiza polyschides; vermellas como Chondrus crispus; e para rematar verdes con diferentes especies de Ulva.
palyginti kainas