As nosas actividades

O noso equipo de colaboradores pódelle axudar en variadas actividades relacionadas co mundo das algas en Galicia. A nosa experiencia pode serlle de utilidade na súa organización, empresa, asociación ou centro educativo, ou simplemente como particular que quere achegarse ao mundo das algas.

O grupo Algas de Galicia achegaralle e asesorará sobre o mundo das algas dun xeito comprensible pero sempre co máximo rigor científico.

Entre outras lle podemos axudar nas seguintes actividades:


Educativas

Deseño de materiais pedagóxicos
  • Confeccionamos guías, manuais, pósters, folletos, xogos e todo o material de apoio para ensinar ao resto os seres vivos das nosas costas. Elaboración de herbarios de algas de Galicia. Material persoalizado para cada ocasión.

Programas de educación ambiental
  • Deseñamos programas para público de todas as idades e ámbitos, xa sexan das algas das nosas costas, saídas o intermareal, coñecemento das nosas costas ou de concienciación sobre a protección do mar, por exemplo.

Xornadas de algas
  • Celebre unha xornada de algas na súa asociación ou concello sorprenderá a todos os asistentes con estes vexetais do mar.

Cursos de algas
  • Aprenda da man dos nosos colaboradores as algas de Galicia. Para que serven, cales consómense, como cociñalas,...

Empresariais

Asesoramento e toma de decisións
  • Baseado en feitos cuantificables nós asesorarémoslle e axudaremos a tomar decisións sobre diferentes aspectos ecolóxicos e técnicos, entre eles cultivo de macroalgas mariñas, aproveitamento de recursos algales, etc.

Biomonitorización con algas
  • Podemos biomonitorizar un área determinada para avaliar o seu estado de conservación xa sexa a nivel de comunidades ou poboacións. Podemos ademais aplicar a Directiva Marco Europea da Auga para avaliar a calidade de augas do litoral segundo os métodos aprobados pola Unión Europea.

Inventarios algales
  • Realización de inventarios para coñecer as especies da súa zona xa sexa para realizar proxectos ambientais ou de enxeñería civil. Un recurso importante para a realización de estudios de impacto ambiental en galicia.

Evaluación cualitativa e cuantitativa de bancos algales

  • A determinación cualitativa e cuantitativa dos bancos de algas é de suma importancia pois disto depende fortemente a súa posibre explotación e comercialización. Cuantificamos se o precisa os recursos algales, e determinamos se son explotables ou non.

Xestión de recursos algales explotables
  • Xestionamos os recursos algales da súa confraría para un aproveitamento máximo, sen causar danos ao ecosistema e que perdure a explotación estable no tempo. Formación dos traballadores nas técnicas de explotación, para conseguir un produto de alta calidade.

Control de pragas de algas
  • Asesoramento no control de pragas producidas por diferentes especies de algas invasoras, que poden causar danos por exemplo nos seus cultivos de bivalvos.

Avaliación da calidade de produtos algales
  • Avaliamos a calidade dos seus produtos algales en base ao rigoroso estudo dos seus parámetros algales explotables

palyginti kainas