A conservación en Galicia

O Decreto 88/2007, do 19 de abril, da Xunta de Galicia regula o Catálogo galego de especies ameazadas.

De acordo co disposto no artigo 49 da Lei 9/2001, do 21de agosto, de conservación da natureza, as especies que se inclúan no dito catálogo deberán clasificarse nalgunha das seguintes categorías:

a) En perigo de extinción (E): reservada para aquelas cuxa supervivencia é pouco probables e os factores causantes da súa actual situación seguen actuando.

b) Sensibles á alteración do seu hábitat: referida a aquelas cun hábitat característico particularmente ameazado, en grave recesión, fraccionado ou moi limitado.

c) Vulnerables (V): destinada a aquelas que corren perigo de pasar ás categorías anteriores nun futuro inmediato se os factores adversos cales actúan sobre elas non son corrixidos.

d) De interese especial: aquelas outras merecedoras de catalogación e que teñan un grao de ameaza insuficientemente coñecido.


Nos anexo I e II de dito decreto inclúe as seguintes algas dentro do Catálogo galego de especies ameazadas, segundo as categorías:

a) En perigo de extinción (E):

1. Griffithsia opunitoides J. Agardh
2. Petalonia zosterifolia (Reinke) Kuntze


c) Vulnerables (V):

75. Ahnfeltiopsis pusilla (Mont.) PC. Silva &. DeCew
76. Fauchea repens (C. Agardh) Montagne et Bory
77. Lithothamnion corallioides (P Crouan & H Crouan) P Crouan & H Crouan
78. Phymatholithon calcareum (Pallas) Adey & McKibbin
79. Solieria chordalis (C. Agardh) J. Agardh


Ata o momento o catálogo non inclúe ningún tipo de taxóns ou poboación de ningún tipo de ser vivo nas outras dúas categorías b) e d).

O que si que inclúe é no anexo III "Taxóns e poboacións catalogadas susceptibles de aproveitamento discreto", aparecendo só dúas especies que casualmente son algas: Lithothamnion corallioides e Phymatholithon calcareum.


¿Que supón ser unha poboación catalogada como susceptible de aproveitamento discreto?

Este aproveitamento deberá garantir que non se produzan afeccións ás poboacións naturais e a elaboración dun plan técnico de aproveitamento que deberá avaliar a incidencia do aproveitamento sobre as poboacións naturais e deberá ser aprobado pola dirección xeral competente en materia de conservación da natureza.

Para cada plan ou ben, a consellería competente en materia de conservación da natureza poderá establecer con carácter xeral as medidas para garantir que a recolla na natureza de exemplares das especies que figuran no anexo III non produzan afeccións negativas significativas no seu estado de conservación. Estas medidas poderán incluír:
-Disposicións relativas ao acceso a determinados sectores.
-A prohibición temporal ou local da recolla de espécimes na natureza e da explotación de determinadas poboacións.
-A regulación dos períodos ou de formas de recolla de espécimes.
-A aplicación, para a recolla de espécimes, de normas cinexéticas ou piscícolas que respecten a conservación das ditas poboacións.
palyginti kainas